Opinión

Achegarse á España real

Os romanos, hai máis de dous mil anos, xa debatían si pra ampliar os seus dominios políticos era mellor facelo pola forza das armas ou ven polo convencemento e os pactos. E desa maneira neste noroeste, ou sexa na Galaecia, asinaron pactos coas tribus que nesta terra estaban asentadas. Esta postura amosa que os temas políticos sempre se deben enfrontar coa política partindo de acordos e pactos. Ou sexa: de falar e buscar puntos de entendemento e fuxir da forza da xustiza e a belicosidade. Pois istes asuntos levámdoos pola via xudicial nunca chegan a bo porto e soio traen enfrontementos que despois son complicados de arranxar.

No Estado actual, dende a curta primeira república e despois a segunda, o tema territorial na península ten asuntos pendentes que solucionar. Os intentos de darlle unha solucíon na segunda república truncáronse co golpe de estado e a posterior guerra civil. Corenta anos despois, a conctitución do 78, deulle unha saída ó que era unha reivindicación única das tres autonomías históricas, a saber: Cataluña, Euscadi e Galicia, así naceu o estado das Autonomías, claro facendo unha diferenciación das nacionalidades históricas á que se sumou Andalucía despois dun referendum. Máis o problema quedou sen reolverse definitivamente pois, as tres comunidades do norte, teñen tras de si un apoio electoral que aspira a acadar maiores cotas de poder. Teñen tras de si moita xente que non acepta o estatus actual e quere amplialo con recoñecemento tanto cultural como o aumento de competencias e máis soberanía económica.

Mais moitas decisións políticas teñen consecuencias que non se perciben a curto prazo cando se votan. E porei un exemplo. Despois do pacto do Majestic cos nacionalistas cataláns no que Aznar cedeu moitas competencias pra Catalunña, o mandato de Rajoy optou pola vía de pechar o grifo e, co seu afán centralizador, arremeteu contra o Catalán e o Galego, sendo un gran colaborador en Galicia o Sr. Feijoo. Mais os catalán tomaron boa nota e comenzou a separación que se agravou co recorte do Estatuto sometido a referendum nesa terra. E logo viñeron os dous referendos que, sin terren valor xurídico, trouxeron ó enfrontamento actual. E o centralismo nas mans do PP optou pola vía xudicial, impondo a visión da España que soio ten un modelo uniformador e que minusvalora as demais culturas que existen no Estado. E nese paquete van os idiomas que aínda están vivos e son cooficiais nesas terras. E nese tema e outros andamos. Pois ben, o feito de recoñecer que as linguas chamadas cooficiais se poidan expresar no Congreso e en Europa leva consigo unha vivión máis acorde coa realidade da España actual, e amplía a visión cutre que pretende a dereira e os seus amigos e socios da extrema dereita. Posiblemente estemos soamente diante siante un símbolo de recoñecemento. Máis no fondo da esta cuestión, afloran dous modelos distintos de como se entende o actual Estado. Un, o que quere impoñer a dereita centralista e uniformadora e que exclue e relega a sectores importantes da poboación, e o segundo que é mais integrador e que impide esa visión de que España soamente é a que a dereita quere. No fondo, a dos conservadores, é unha apropiación e unha maneira de dicir de eles son os donos de España. Ou sexa: a imoposición dos monolingues sobor dos bilingües ós que nalgúns casos nos tachan de paletos. Todo o mundo sabe que o castelán non corre ningún perigo no Estado actual. Se a caso, o competidor do castelán ven a ser o inglés. 

En fin, sen querer afondar máis no asunto, hoxe estamos diante un dilema que se sustanciará sabendo se hai que ir a eleccións de novo ou non. Mais debe quedar claro que, defender as culturas e idiomas dos diferentes partes do, estado non debera ser un problema. Pois a diversidade, cando hai vontade de entenderse sempre é positiva. Polo que achegarse á España real debera ser unha boa nova pois, os acordos culturais e políticos integran e unen. Con todo, esperemos acontecementos.

Te puede interesar