Poderes endogámicos

Poderes endogámicos

Dende a transición do vello e caduco réxime franquista ate ós nosos días, case todos os poderes do Estado fóronse adaptando a nova situación do réxime democrático. Todos en maior ou menor medida tiveron que poñerse ó día, aínda que fose a trancas e barrancas. As críticas na prensa e as protestas dos diversos colectivos de cidadáns  forzaron e obrigaron a actualización deses poderes. Mais dentro da estructura do Estado hai poderes que, por aquelo da división e autonomía dos mesmos, ó estaren estos  gobernados por si mesmos  a endogamia e corporativismo impiden a súa adaptación ós tempos.

Sinalarei neste modelo dous importantes poderes que  aínda  seguen un tanto amormados e son xuxetos da súa propia endogamia. O primeiro é a Xustiza e o segundo a Universidade.

Todo o mundo sabe que a administración da Xustiza, aínda que ten un ministro gobérnase por ela sola. Isto obedece á chamada separación de poderes. E isto quere dicir que, cando algún xuíz non obra correctamente  no ámeto das súas competencias, será correxido ou xuzgado polos propios xuízes sin que outro poder poda interferir no asunto. E eiquí aparece a  primeira chata. Pois como se di popularmente na rúa:  entre eles,  referíndose ós membros da carreira xudicial, non se morden. E salvando algunhas excepcións onde houbo expulsións da carreira xudicial,   todo o máis que acontece é  apartar a un xuíz dun caso ou amonestalo. 

Ben sei que,  sempre  que se fala de xustiza, todos os tiros e reclamacións diríxense  cara o goberno pola escaseza de presupostos. E pode que non lles falte razón para adaptar a xustiza ós tempos nos que vivimos. Mais sempre se oculta que, na nosa sociedade, os xuízes son coma deuses intocables, pois eles son sabedores de que sempre serán xuzgados polos propios poderes onde están eles e os seus compañeiros, e iso dalle alas e un certo blindaxe.

Hai uns días, falando cun técnico da administración, comentábamos como é posible que casos coñecidos de persoas investigadas ás que se mancillou publicamente  leven preto de seis anos esperando unha acusación e cargos de maneira  definitiva, e ó responsable da instrucción siga dandolle largas sin que o acusado poida saber  o que se lle imputa definitivamente  e vendo esa anomalía  ninguen tome medidas contra  o maxistrado que iniciu  o proceso. Pois ben isto  e outras cousas pasan en Ourense.  Permítiriase que en calquer institución ou empresa privada  un responsable non cumplira co seu cometido e lle dera largas e largas  a un asunto amparándose no segredo do caso? Non, sería despedido.  E sendo isto certo, alguén dese corpo intocable obligou a que o maxistrado tivera algunha sanción ou correctivo. 

Algo semellante, aínda que con menos  calado, parece que acontece  no caso das universidades, sobor de todo na privadas. Pois, dende que se coñecen os asuntos escuros  de aprobados sen pisar as aulas, o nomeamento de tribunais inexistentes e cantidade de cousas que non saen á luz, a duda leva a pensar que a endogamia e o favor impera en determinados circulos onde se valora o saber das persoas e, como consecuencia, expéndense títulos importantes.

Ben sei que será moi dificil rematar coa endogamia e o corporativismo nestes e noutros campos profesionais onde impera agochado. Pero a xustiza se quere ser eficaz ten que soltar lastre.  E a universidade se quere mellorar e situarse á altura dos tempos  terá que  facer algo semellante. E desa maneira, aínda que sexa con peros, creremos na xustiza e neses poderes que se gobernan así mesmos.  Do contrario todas serán dúbidas.