Opinión

Política boa e política mala

Cando estamos a sete ou oito meses da convocatoria de eleccións xerais, e cunha moción de censura sin futuro ás portas, parece un momento acaído para falar do resultado do primeiro Gobermo de coalición da época democrática, e tamén do que se entende por política boa e mala. Claro que primeiro hai que lembrar que dito Goberno quedou bautizado pola oposición con moitas descualificacións, pois naceu dunha censura, feito que nunca acontecera neste noso Estado. Citarei varios cualificativos: Goberno Frankenstein, okupa ou traidor que vendeu España ós separatistas cataláns. Ben sei que o principal socio do Goberno, Podemos, sempre fala no seu argumentario de política vella e política nova. E faino como se a política que eles practican fora unha novidade, e todo o que existía ata o momento non valía ren e había que tiralo ó caixón do lixo. Con todo, antes de opinar sobor deste Goberno, hai que lembrar varios aconteceres cós que tivo que apandar e que non estaban na axenda das previsións. O primeiro foi a pandemia do covid, logo seguiulle o volcán na illa da Palma e despois apareceu a guerra de Ucraína. 

Supoño que milleiros de cidadáns intuirán que, durante futuros mandatos, as maiorías absolutas serán moi complicadas de acadar. O chamado bipartidismo, aínda que sigue a ser o eixo da política de Estado, debido á aparición doutras forzas, ten complicado chegar a maiorías absolutas, polo que as alternativas de formar Goberno pasan polo pacto ou coalición con outros partidos. Co que, para ser o primeiro experimento de coalición, a cualificación ate podería ser aceptable, pois trouxo cousas positivas e tamén sombras que crearon incertezas.

Mais o que me chama poderosamente a atención é que os dirixentes do grupo político que naceu ao abeiro do 15 M, sigan coa matraca de política vella e política nova. Como lle dixo o señor Ortuzar, do PNV, en política soamente hai política boa e mala. Ademais, ise termo machaconamente empregado, lévanos a unha reflexión, a unha valoración que dá a entender que todo o vello é malo e todo o novo é innovador e bo. E eso non é máis ca unha falacia un tanto pueril que se pode comparar con outra que di que todo o moderno é progreso, fronte o que xa existe e que se considera vello, cando o termo modernidade non sempre significa progreso nin sempre trae cousas positivas.

Ás veces os cidadáns percibimos que un certo grao de infantilismo e de falla de experiencia impide deixar de lado eses brotes de arrogancia que moitos públicos moi novos teñen.

A afirmación de política vella e nova ten tras de si unha carga de desprezo do que existe, fronte o que se considera novidade. E iso é un gran erro. Ben sei que de novos todos iamos comer o mundo; iamos corrixir todos os defectos que ten esta nosa sociedade. E iso xa lle pasou ó cabaleiro de Mancha don Quijote. E ó final rematou a súa andaina vendo a realidade e admitindo, en certa medida, ó seu fracaso. Mais os atrevidos e atrevidas que chegaron para rematar coa política vella, a pesares dos erros evidentes, ademais de culpar a outros dos deles, non admiten que a súa política nova levounos a meter a gamba nalgunhas leis, e diante tal despropósito non teñen a valentía de corrixir ou, se non, dimitir. 

Te puede interesar