Opinión

Tempo novo na UE

Mentres uns din que, en tempo de crise, ó mellor é esperar e non moverse, outros din que de toda crise pódense quitar leccións positivas para o futuro, leccións que nos axuden a controlar os vaivéns da economía para non poñer en risco á sociedade de benestar e das liberdades.

A crise derivada da guerra de invasión de Ucraína fíxonos ver a realidade. Dado que se o prezo da enerxía se altera moito, a nosa sociedade ten un gran problema que fai abanear o sistema democrático. Case todo está condicionado polo prezo das diversas enerxías, vitais para todas as actividades humanas. Ben sei que, en tempo de crise sempre hai quen se aproveita dela sen escrúpulos. Son os pescadores nun mar revolto. Mais iso sempre aconteceu e seguirá acontecendo pois é moi difícil de atallar ise problema.

A día de hoxe, todo o mundo aceptou que o capitalismo, coas súas variantes máis ou menos sociais, é a forma de vida das democracias occidentais e tamén dos países como China e mesmo a Rusia de Putin. O comunismo e a súa ditadura amosou o seu fracaso hai máis de dúas décadas e caeu como un castelo de naipes polos seus propios erros. Con todo, eses dous grandes países seguen a ser uns Estados onde a liberdade non existe e están gobernados por autócratas, uns chamados comunistas, e outros non se sabe ben o que son. A día de hoxe, Rusia, e as ansias de recuperar ós límites de influencia da URSS, está a plantexar repartirse as zonas de influencia na vella Europa. Os soños imperialistas de moitos líderes, baixo diversos pretextos, añoran tempos pasados que están o pór o mundo nunha situación de tensión que veremos como remata.

Fronte a esta maneira de actuar, e vendo o que se pode vir enriba, a UE trata de aunar forzas, pois entende que Putin quere volver a ter baixo o zapato ós antigos Estados que formaron no seu día o Telón de Aceiro, mentres eses países queren, en aras da súa soberanía, fuxir do Estado opresor que os pisou durante a época de Stalin e os imitadores dos zares que o seguiron.

Diante este panorama, o medo a unha terceira guerra mundial late na sociedade da Europa das liberdades. Con todo o acontecido e despois da desfeita bárbara que está a sufrir Ucraína, a UE tenta reforzar as súas fronteiras, cuestión necesaria para evitar unha confrontación que levaría ó mundo ó suicidio atómico. Ben sei que a teoría do buenismo e de moitos grupos que hoxe piden a paz é moi chamativa. A paz querémola todos. Tamén que hai algúns partidos que, por atavismos ideolóxicos, non condenan con claridade esta invasión. Básanse nun odio un tanto visceral e pouco racional cara unha organización militar de carácter defensivo como é a OTAN. Con todo, parece que na UE emerxe un tempo novo que obriga a tomar decisións conxuntas e rápidas que abran a porta, alomenos na península ibérica, a camiñar cara unha forma distinta de marcar e logo controlar o prezo da enerxía. Aínda que pareza unha cousa pequena, ten moita importancia para camiñar cara un cerco ós oligopolios da enerxía que, a día de hoxe, fan o que lles peta. Por outra parte, esta situación levaranos nun futuro próximo a discutir se temos que pechar ou non as centrais nucleares para acadar enerxía eléctrica máis barata e menos dependente do petróleo e o gas, e tamén de se hai sol, chove ou hai vento.

Todo tempo de crise obriga a tomar medidas importantes e a unir forzas fronte ós soños imperialistas dos que buscan un novo orde mundial aplastando ós pobos. Un novo orde que marxine a Occidente e a súa forma de vida. E eso abre un tempo novo na UE para defender un modelo de vida que ten eivas, pero que día de hoxe é onde mellor se vive no planeta Terra.

Te puede interesar