Opinión

Éramos poucos...

Non dirán os amabeis lectores que teño feito sangue coa dinastía reinante. Lonxe de min a maneira de pensar e de escreber.

Resulta que agora Pilar de Borbón tiña unha conta opaca no Panamá. Resulta que Juan Carlos de Borbón ten unha conta de mil millóns en Suiza que herdou do seu pai. Pero non fora o samaritano Mario Conde o que lle pagou os gastos -un millón de pesetas- no Hospital Universitario de Navarra do Opus Dei cando finou, pois ao parecer non tiña un can?

A Cristina de Borbón firmaba "por amor", ela dixit, as contas do Iñaki Urdangarin.

Pois o dito. Éramos poucos e pariu a avoa. E os cidadáns facendo números pra chegar a fin do mes.

Te puede interesar