Opinión

PAN POR PAN

Mueller O sexo. Na súa ‘Historia da vida cotiá en Galicia’ fala tamén Xavier Castro das prácticas sexuais. Que podía empezar nos xogos infantís e onde os papeis estaban repartidos así: o mozo ía de caza e a moza tiña que resistirse, por medo a quedar preñada e que os pais a botasen de casa. Nas aldeas da montaña os mozos eran máis rudos e brutáns que nas da costa. Pouco disto pasou ás letras, porque os nosos clásicos eran pudorosos: esqueceu Castro o exemplo do poeta Pondal con algúns poemas machistas e misóxinos. Pero estes respondían ás ideas do pobo naquela altura. Velaí o relato dunha conquista por un labrego: ‘Eu ventaraa como un can. Sentín un lóstrego no sangue. Boteille a mao. E seguiu o conto’. Tamén podería ser un poema de Pondal esta copla da Limia, recollida nos anos 30: ‘Como te pille no campo,/ como te pillei máis veces,/ heiche de meter no corpo/ erba para nove meses’.

Te puede interesar