Manual de amor. Por un blog dunha autora galega, Lula Fortune, souben que na Biblioteca Capitular de Verona encontrouse o primeiro manual para escribir cartas de amor, do século XII, asinado por un tal Guido, quizais un crego. Alí aconsella gabar sempre a beleza e calidades da amada, con exemplos de parellas mitolóxicas (Paris e Helena, Píramo e Tisbe), usando imaxes de pedras preciosas ou enviando tantos saúdos como peixes hai no mar ou flores leva o verano. Convén referirse ó sentimento de amor como algo imposible de describir: ámote tan fondamente que non sería capaz de explicalo aínda que todos os membros do meu corpo puidesen falar. Tamén fala ese manual de bicos, apertas e cousas doces cosas para facer xuntos e recomenda dirixirse ó destinatario con expresións deste xeito: a túa beleza sabe que..., a túa dozura coñece.... Que sorte tiveron as mulleres amadas naquela xeira!
Buscar