Opinión

Tertulias televisivas

As miserias do xornalismo foi o tema central do meu artigo longo do luns. Pero non collen todas as miserias en corenta e pico liñas e por iso insisto. Que me din dos faladoiros das TV? Lembran vostedes os programas de ‘La Clave’ de Balbín, con debates educados, interesantes e ben argumentados? Xa non hai nada semellante. Hoxe o formato televisivo esixe personaxes mediáticos, canto máis frikis mellor, que berren moito e non deixen falar ós outros. E que insulten a cotío. E que sexan agresivos nas súas formas. Se son políticos, hai ou había un programa que lles decapitaban o micrófono, como a María Antonieta, para que non se ‘enrollasen’ demasiado. En ‘La Clave’ hai anos podíase organizar un debate sobre o marxismo ou calquera tema serio de actualidade. A maioría dos conterulios de hoxe precisarían do Google para esculcar primeiro quen foi ese tal Karl H. Marx.



Te puede interesar