Opinión

Naufraxio

Abren as bocas buscando o osíxeno que non chega. Ondas que se axitan e tremen cos cantos de sereas da morte. Mareas altas e baixas, antirrítmicos latexos, sístole e diástole da terramar do abandono. Lúa chea sen romantismo nin amantes. Gaia berra e Neptuno xeme arrepentido. Cando o sal se volve soso con que se salgará? Viuvas de vivos e mortos. Patrón, mariñeiros, barco á deriva, meta non lograda. Ambición. Delirio. Soan as campás na cidade asolagada. Na capela oceánica acenden cirios no solpor. Os cabaliños de mar agárranse ondeando, aterrorizados. Nós choramos. As familias afogan de dor. O rezo enmudece. Mar, canto nos regalas. Canto cobras!

Te puede interesar