Opinión

Enquisas e calotes

Ultimamente non están os enquisadores electorais coma para ir presumindo por aí do acerto dos seus prognósticos. Tantos os fallos, que a xente incluso empeza a facer burla das súas predicións.

Máis, non é das enquisas electorais das que hoxe me vou ocupar. Que é das denominadas “enquisas calote”, tan execrables e traidoras, das  que aquí lles traio unha mostra. (Entendendo a palabra calote no sentido que lle dá o dicionario da Real Academia Galega: “Falta de verdade no que se di ou fai, para conseguir algo de alguén mediante engano”). Narración baseada no relato que me fixo unha muller metida en anos, que coñezo dende hai moito tempo. E que transcribo respectando en todo o seu sentido (con lixeiros retoques gramaticais) o que ela unha tarde me contou.

Entrevistador Normalmente, ¿se siente usted feliz o desgraciada?

Resposta: Pois, nin una cousa nin a outra.

Tiene que precisar más. Tiene que escoger entre una opción o la otra.

Non sabería moi ben o que contestarlle. Pero poña o que lle pareza.

2- Vale. ¿Le gustaría ser rica?

Home, qué quere que lle diga. A ninguén lle gusta ser pobre.

Tiene que contestar con un sí o con un no.

Volvo a dicirlle o mesmo de antes: poña vostede o que lle pareza.

3- No es lo que me parezca a mi, es lo que le parece a usted. ¿Entendido? Vamos con otra  pregunta. ¿Le gustaría hacer un viaje alrededor del mundo?

Pois, por un lado, si, pero por outro lado, non.

Le repito que tiene que precisar. Con un sí, o con un no.

Pois, non sabería eu moi ben o que  dicirlle. Neste momento non se me ocorre nada.

4- ¡Vaya con la respuesta! ¿Le gustaría hacer un viaje por el Mediterráneo en un crucero?

Depende.

Pero, ¿depende de qué?

Depende de moitas cousas. Segundo e como. ¿Qué máis quere que lle diga?

5- No me está facilitando nada mi labor. Nada. Otra cuestión, ¿le gusta, o le gustaría, hacer deporte?

Mira co que me ven ..... ¡Era o que che me faltaba por oír!

¡Señora! Esto es una encuesta, no una tontería. Repito, una encuesta.

Pois logo, poña o que lle pareza.

6- ¿Le gustaría alternar con gente importante?

Importante, ¿importante de qué?

Pues, eso. Gente importante, muy importante.

E, ¿para qué?

Para alternar. ¡Y presumirrrrrrrrrr!

E así seguiron (cada vez máis claro o timo) ata completar unha ducia de preguntas coas súas respostas.

¡Señora!, tengo que decirle que ha perdido usted una ocasión de oro para ganar mucho dinero, con una pequeña inversión. Y, recuerde, nunca más la fortuna llamará a su puerta. Se acordará de mí en lo que le quede de vida.¿Tiene algo que añadir? ¿No? ¡Se arrepentirá!

Te puede interesar