Opinión

Horas de radio

Cada día, e xa que o meu horario actual mo permite, dedico dúas horas da mañá a escoitar a radio; de sete e media a nove e media. Cando estaba en “activo”, o meu horario era outro; pero, por ocupado que estivese, sempre encontraba algún momento, fóra das horas de traballo, para conectar con algunha emisora. Puidera dicirse que son un radioadicto visceral, co que non puideron acabar nin a televisión nin o internet. E cunha particularidade que ven de moi atrás; tal é, que me gusta facer percorridos continuos polas distintas emisoras. Encontrando en todas elas, aparte de posturas coas que non comulgo, informacións e comentarios de interese. 

Por centrarme no apartado de comentarios. Valoro moito que se faga unha crítica dura, durísima, contra a corrupción, o latrocinio, o maltrato, a arbitrariedade e demáis tropelías. Pero, crítica, que non quede reducida a simples ocorrenciasou insultos babecos. Teño oído ó longo dos días, e case sempre polas mesmas bocas, a rutina que segue: Tonto útil. El tonto identitario. Los tontos brotan con una facilidad asombrosa. El día 12 de octubre es un día ideal para el florecimiento de los tontos. El tonto antimilitarista. Tontos sin fronteras. Tonto majadero. Tonto mamarracho. Otro tonto contemporáneo (frase que empregan moi a miúdo). Tonto cretino. Tonto mentecato. En España ya no cabe un tonto más. Tonto incompetente. Tonto obtuso. Hay más tontos que botellines. Tonto basura. Incluso inventaron un “desfibrilador de tontos”, do que tódolos días falan como un gran invento. E sempre, engolando moito a voz, como se eles fosen os máis listos e os máis perfectos.

Tonto, tonto e tonto. Pero qué é un tonto? Segundo a primeira das acepcións do diccionario da Real Academia Española, “Dicho de una persona falta o escasa de entendimiento o de razón”. En suma, un deficiente. Ou sexa, unha persoa cun gran problema que merece todo respecto, e menos bromas. Mais eles, seguirán e seguirán cada mañá coas absurdas babecadas do seu “enxeñoso” desfibrilador.

Mesmo coma se, xa lanzados, quixen emular ó insigne creador das seguintes xenialidades: Cada vez tienen más sitio los idiotas. Somos un país de gilipollas gobernados hace siglos por mediocres analfabetos. Aquí, en España, todos hemos sido hijos de puta. E outras así. Vale.

Te puede interesar