Opinión

Ese amargo don de beleza

eica as modelos curvy están de moda. A industria da beleza de- cidiu rescatar as mulleres de ta- llas grandes da invisibilidade. Pero que é ser curvy? Basta con usar unha XL? En principio, podería parecer que si, que utilizar unha talla 44/46, máis ou menos, sería suficiente para ser consi- derada unha curvy. No entanto, se nos fixamos en modelos que representan este tipo de beleza, poderemos com- probar que non se trata unicamente de tallas. Obsérvese, por exemplo, a unha das máis famosas curvy: Tara Lynn.

Téñase conta da fermosura das súas faccións, da suavidade das formas ondeantes do seu corpo e vólvase repetir a pregunta, unha vez máis, para dar coa chave do asunto. Chega con usar unha XL? En absoluto. Por unha banda, Tara Lynn é dona dunha desas facianas de perfección matemática. Aí están o seu nariz pequeno, pero non demasiado, as meixelas pronunciadas, pero sen pasarse, os beizos gorentosos e ese par de ollazos ben colocadiños. Nin demasiado xuntos, nin demasiado separados. E isto só mirándolle a cara.

Que acontece co corpo de Tara Lynn? É ancho? De acordo cos parámetros de beleza aos que estamos afeitas, evidentemente si. Tara é o que antes denominaban unha mullerona. Con cadeiras anchas, peitos xenerosos e muslos potentes. Porén, ao mudar este canon -algo que está en proceso, seguramente por algún interese económico-, Lynn é percibida dun xeito totalmente difeente. Para que nos entendamos, tal e como vai a cousa, Lynn ascendeu de categoría. Pasou do calificativo condescendente de gordiña ao de cachonda monumental. Se antes era mirada dende arriba, agora éo dende abaixo. Curioso curioso.

Con todo este asunto non deixo de facerme preguntas. Cal é a verdade sobre Tara Lynn? É gorda ou está como un queixo? E outra cousa importante, que sucederá coas mulleres delgadas, que case non teñen peito nin cadeiras? 

Pasarán da condición afortunada de esveltas á despectiva de esqueléticas? Sinceramente, non teño nada claro que rescatarmos da invisibilidade a un tipo de mu- lleres como Tara Lynn sexa moi construtivo se con iso imos xerar un novo sector de acomplexadas. Mentres sigamos no terreo da comparación perseveraremos no malestar daquelas mulleres que saian mal paradas da mesma. Moito máis sinxelo sería admitir que a beleza, como a realidade, é subxectiva.

Daquela, complexa. Isto significa que existen moitas manifestacións diferentes da fermosura. Percibilas é cuestión de sensibilidade. Tara Lynn sempre foi un animal precioso, suculento e fascinante aos ollos de calquera persoa que se detivese a contemplala. Do mesmo xeito en que o é a delgadísima Keira Knightley. Ou a atractiva Mira Sorvino, que gusta moito, malia carecer duns labios carnosos. Hai fragmentos de beleza en todos os rostros. Saber aprezalos é habitar o paraíso. 

Te puede interesar