Opinión

Conchita, raíña de Europa

Así a coroaron ó día seguinte moitas portadas dos máis prestixiosos xornáis de medio mundo, como "Le Monde", "Berlin Zeitung", ou o mesmo "New York Times". Non cabe dúbida que o pasado Festival de Eurovisión pasará á historia por ser todo un acontecemento, non soamente audiovisual, que o foi, senón por ser "trending topic" nas redes sociáis e provocar acendidos debates, mesmo políticos, nos países máis rusófonos; onde, como moitas veces ocorre, as opinións de moitos dos seus representantes non se corresponden demasiado coas da xente da rúa, a Deus gracias. Algúns deses políticos perigosamente reaccionarios mesmo propoñen a sáida de Rusia do Eurofestival polo triunfo incontestable de Conchita Wurst, e por non dar encaixado os constantes abucheos que a súa intransixencia recibíu en moitos momentos do evento por parte dos miles de espectadores daneses e demáis fans europeos, que quixeron castigar deste xeito a política homófoba practicada polos "fillos de Putin".
Conchita ganou porque tiña que ganar, porque estivo inmensa na súa interpretación e porque representaba algo máis que unha canción e un pís, representaba o mellor deste continente que maioritariamente quere seguir sendo exemplo de tolerancia democrática e de modernidade, e que a felicitou a través da Comisión Europea.
Eurovisión volveu ser o máis innovador escaparate audiovisual do ano, o despregue de medios do que fixo gala a televisión danesa foi impresionante; tampouco estivo mal o nivel das cancións, e elo provocou un gran record de audiencia para TVE, sobre todo cando actuou a nosa representante Ruth Lorenzo, que estivo francamente soberbia, merecendo unha mellor posición. Ruth piropeou e foi piropeada por Conchita, con quen ten pensado gravar algún tema, e manifestou o seu desexo de volver ó Eurofestival; teno merecido, porque fixo un derroche de voz cunha posta en escea medida ó milímetro e cunha ganas de gustar incribles. Non teño ningunha dúbida do éxito que vai acadar a partir de agora, como tampouco teño dúbida de que o efecto Conchita vai ser similar ó da sueca Loreen cando gañou o festival co seu "Euphoria".

PORTUGAL, CERO POINTS

Quedamos coa boca aberta, despois dos últimos anos nos que o País irmau nos tiña acostumados ós doce puntos, sentounos como un xerro de auga fría que non nos dera nin as boas noites. Dos moitos inxeniosos "twits" que circularon esa noite pola rede fíxome gracia un que puña "excelente noite para invadir Portugal". Non chegará o sangue ó río, os que buscamos toda a información posible sobre o festival soubemos que o televoto portugués situaba á representante española en terceiro posto, pero foi o xurado o que a deixou sen ningún punto. Eu sí botei de menos á portuguesa Suzy na final porque, como dixo Conchita Wurst na rolda de prensa, era xunto coa española unha das tres divas do evento. Unha rolda de prensa que durou máis de dúas horas tendo que facer varias quendas para que os xornalistas acreditados puideran acceder á sala onde se celebraba. Conchita foi recibida no seu país como unha auténtica triunfadora, un país que ó principio se dividía tamén entre quenes a apoiaban e quenes non vían demasiado ben que o personaxe creado polo cantante Thomas Neuwirth os representase.
Agora mesmo están todos encantados ó ver como Europa se rendeu á súa arte e a apoiou sen fisuras, recibindo puntos mesmo dos Países supostamente máis intolerantes como Rusia e algúns outros da esfera "ex-soviética", onde houbo tamén moita diferencia entre o que votaron os xurados e o que votou o pobo chairo. Un pobo ó que se uníu, entre moitos outros artistas, o cantante Julio Iglesias que desde Londres declarou que o triunfo de Conchita Wurst era moi merecido, e que estabamos diante dunha grande artista.

EUROVISION E FÚTBOL

Están os futboleiros atacados dos nervios porque hoxe decídese a liga, mañá os descensos e a próxima semana a Champions, e os máis supersticiosos ben atentos a esas coincidencias entre Eurovisión e os resultados futbolísticos. Austria que este ano ganou Eurovisión xa o tiña feito no ano 66, xusto cando o Atlético de Madrid ganaba a liga, e cando o Betis baixaba a segunda, e cando o Depor subía a primeira; moita coincidencia; pero aínda hai máis, o Real Madrid xogaba tamén a final da Copa de Europa, e ganabaa fronte ó Partizan de Belgrado. Tamén foi ano de Mundial de Inglaterra, pero agardemos que aqui non haxa moitas coincidencias porque a nosa seleccion quedara apeada na primeira fase.

Te puede interesar