Opinión

Natalia

Ademais do grupo “Monoulius DOP” estará no “Bamboleo” a cantante Natalia, a quen lle teño unha querenza especial desde hai moitos anos, tantos como desde que fora a primeira en sair da Academia de OT alá polo ano 2001. Iso que os comezos da nosa relación profesional non foran gran cousa. Agora lembramos cando os participantes da primeira edición do éxitoso concurso visitaban os platós de outras canles, acompañados dun séquito que mesmo daba a impresión de que chegaba Julio Iglesias nos seus mellores momentos. Por certo, o cantante Julio José foi un dos artistas que máis me sorprendeu cando asistíu ao “Acompáñenos” que eu presentaba e no que el viña de convidado, cunha humildade realmente marabillosa, baixando do coche que o traía e bicando en primeiro lugar á señora da limpeza, e logo colaborando en todo o que se lle pedíu cunha actitude profesional realmente fantástica. Pero os “triunfitos”, tendo a maioría deles unha moi boa disposición, eran afeados pola actitude dos roadmanagers que entorpecían moitos ensasios e o impecable traballo nas salas de maquillaxe. Aquí xurdíu o meu único enfrontamento con algún destes protectores que non deixaban de dar a lata cada cinco minutos entorpecendo o sempre estupendo traballo das nosas profesionais de “chapa e pintura”, as eficientes maquilladoras. Chegou un momento que tendo ao meu lado a copresentadora ourensá Nelly Fernández, non tiven máis remedio que intervir e dicirlles nun tono que se escoitou a metros de distancia  “que se as persoas máis importantes do programa estaban agardando pacientemente polo seu turno, era o momento de deixar en paz a Natalia e sobre todo a todos nós”. Non volveron a entrar na sala e todo foi rodado. Tardou máis dun ano en volver a”Supermartes” a cantante Natalia, pero logo xa nos fixemos moi amigos e hoxe é o día no que se nos atopamos polos camerinos nalgún outro programa sempre me dí: “Piñeiro, a ver cuando me llevas a estrenar el nuevo single a “Bamboleo” que me da muy buen suerte”. Isto da boa sorte é un marabilloso “San Benito” que me colgaron hai moitos anos e do que estou encantado.

Natalia é unha destas artistas que despois de tantos anos de carreira e cos seus cumpridos 40, que non aparenta para nada, segue sorprendendo aos millóns de visitantes das súas redes sociais que agardan como auga de maio os numerosos singles e videos espectaculares que a artista gaditana vai dosificanco e incorporando nas súa xiras, como esta de 2007 onde está colleitando un éxito incrible, cos seus bailaríns e a súa aposta pola renovación en función de por onde vaian os ritmos máis actuais. No escenario é un auténtico furacán, e falar con ela é un puro pracer, nestes tempos nos que os artistas que pasaron por OT soltan máis a lingua e nas entrevistas podemos enterarnos de cousas que antes tiñan vedadas. O mesmo que agora o máis frecuente é que moitas destas e outras figuras nos falen dos episodios de “bullying” que sufriron na nenez ou adolescencia, ou das enfermedades mentais que os retiran provisionalmente dos escenarios ou platós como Jorge Javier, Mercedes Milás, Pastora Soler, Angel Martín,Vega, Dani Martín, Demi Lobato ou máis recentemente o gran cantante colombiano Juanes; axudando, e non pouco, a todas esas persoas anónimas que pensaban que soamente lles pasaba a elas e quedaban na casa sen compartir a súa doenza con ninguén, sen pedir axuda, con vergoña e sobre todo con moito sofrimento. 

Te puede interesar