Momentos para a historia

Momentos para a historia

Tiveron que pasar 71 edicions de la Vuelta a España para que esta chegara a Maceda. E vai ser no ano 2016, cando un vello soño de Maceda, “vila do Ciclismo” como así a chamaba Claudio Blas, un dos impulsores do ciclismo en Maceda xa hai máis de 50 anos, se vexa cumprido.

De Maceda, partirá a séptima etapa, cara Puebla de Sanabria , a onde chegará despois de 158 kilómetros dun percorrido rompepernas, sin grandes portos pero con bastante desnivel acumulado para ser unha etapa das consideradas tranquilas.

Para os amantes do ciclismo, ver como chega un dos grandes monumentos do ciclismo as portas da tua propia casa, significa moito, e así o sentimos toda a xente de agora e de hai xa moitos anos do Club Ciclista Maceda. La Vuelta, está considerada , como unha dos grandes monumentos do ciclismo, pola sua longa historia e por todos e cada un dos grandes momentos que se teñen vivido nestas 71 edicions, e de ahí sempre se den cita nela gran parte dos mellores ciclistas a nivel mundial. Basta con ver a participación da última edición na que se deron cita Contador, Quintana, Valverde, Fabio Aru, Fromme, Peter Sagan, ...

Imaxinádevos , que por un momento xogadores recoñecibles como Messi, Ronaldo, Neymar... viñeran a xogar un partido de Champions no Campo de Futbol do teu pobo. Pois eso é algo moi similar e o que imos vivir en Maceda o venres 26 de agosto.

Un evento deportivo, como é iste, ten unha repercusión a nivel mundial e é seguido por moi- ta xente desde moitos paises. Por un momento o nome de Maceda, vinculado ao ciclismo se colará en moitos fogares, non so de España, se non de moitos outros paises, a través dos diversos medios de comunicación. En fin, o 2016 semella quevaiaserunano,queaxentede Maceda e alrededores , onde tanto se vive o mundo da bicicleta, lembraremos, e esperemos que non so por todo esto.