A Limia

Seitura en Xinzo: unha tradición que quere volver á vida

Un grupo de seitureiros de Morgade, en Xinzo, decidiu facer o ciclo completo do trigo: dende o arado coas vacas, ata a elaboración do pan. Queren difundir esta tradición galega que, coma outras, perdeuse en parte pola mecanización dos procesos no agro.