A XVI Festa da Palabra otorgou os seus galardóns
A INSUA DOS POETAS
Ao remate do acto, procedeuse ao develamentoda escultura “Espiral” de Fernández e Mosquera
A Insua dos Poetas, en Carballiño, foi, un ano máis, o escenario cultural que acolleu a celebración da Festa da Palabra, que rendeu homenaxe a Xosé Luis Méndez Ferrín, que non puido acudir ao acto e estivo representado pola súa muller e a súa filla, encargadas de recoller o Premio Insua dos Poetas na modalidade de Literatura e transmitiron no seu nome unha mensaxe especial a todos os asistentes.
Pola súa banda, o presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar, agradeceu ao presidente provincial “a súa participación neste acto no que ratificou o seu compromiso coa Insua dos Poetas” e sinalou que “a Festa da Palabra ratificou hoxe a enorme potencidade da creatividade ourensá. Fronte ó desleixo do institucionalismo oficialista, rexurdiu hoxe a forza da intelectualidade ourensá, sempre a vangarda da galeguidade política e cultural”.
Durante a celebración da Festa da Palabra entregáronse os premios Insua dos Poetas 2024, que nesta ocasión recaeron na modalidade literariana escritora Moncha Fuentes; na modalidade cultura galega na comarcana agrupación cultural Avantar; na modalidade artes plásticasfoi premiada Mercedes Gallego Esperanza; na modalidade cultura galega na emigraciónrecibiu o premio Alberto López Barros, gaiteiro maior de Bos Aires; na modalidade de músicafoi premiada nesta ocasión Lucía Pérez; na modalidade de acción social, o galardón recaeu na Federación Autismo Galicia; e na modalidade de comunicaciónpremiouse a Badal Novas.
Escultura
Ao remate do acto, procedeuse ao develamento da escultura “Espiral” de Alberto Fernández e José Antonio Mosquera, que se suma ás 26 pezas escultóricas presentes na Insua dos Poetas. O apartado musical desta XVI edición da Festa da Palabra correu a cargo do grupo de gaitas “Queixumes dos Pinos” e de “Os Bregadiers” de Parada de Sil. Tamén houbo un recital de poemas que correu a cargo do mozo poeta celanovés, Alexandre Corbillón.
Como broche final, tivo lugar un xantar da Irmandade da Ourensanía no que os presentes recibiron un exemplar do libro “Espiral”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
GRAVEDAD DE LAS LESIONES
Muere la mujer apuñalada en A Coruña por su compañero de piso, que también provocó un incendio