EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, pediu unha mobilización masiva para votar ao BNG e abrir “un tempo novo de dignidade e rexeneración democrática con Luís Seara”, no transcurso do mitin central da formación no anexo do pavillón dos Remedios, no que tanto Seara como a líder nacionalista avanzaron que Ourense vive “a conta atrás” para contar cun alcalde nacionalista tralo 28M.
Ana Pontón lamentou a “dexeneración democrática” que supón o “caciquismo 2.0 ”do PP, co presidente dos populares na provincia, Manuel Baltar, “á cabeza”, mentres Feijóo e Rueda “miran para outro lado”, e advertiu que haberá alianza con Jácome se Baltar o precisa, aínda “a costa de volver sacrificar á cidade catro anos máis e que, igual que fixo Feijóo no 2019”, xa ue o PP é unha “gaiola de grilos” e Rueda é “quen menos manda”.
Pontón sinalou que “ningunha persoa que quere un cambio real e leva Ourense na cabeza en no corazón pode quedar na casa” para así poñer fin ao “esperpento” no que se ten convertido o Concello, grazas ao “abrazo da vergoña” entre o PP e o alcalde “letal”, “todo para que Baltar seguise ocupando a poltrona da Deputación”. Se os ourensáns “enchen” as urnas con papeletas do BNG, dixo Pontón, terán o poder de “acabar co escándalo democrático dun PP que usa as institucións como se fosen a súa finca particular; de deixar atrás a páxina máis triste da historia recente de Ourense e de devolverlle a dignidade á cidade abrindo un tempo novo liderado por Luís Seara, cun proxecto solvente, serio, democrático e de futuro para esta cidade que lle devolverá a cidade aos seus verdadeiros donos: os veciños”.
Pontón, que denominou como “Fitipaldi Baltar” ao presidente do PP ourensán, afeou a Feijóo e Rueda o seu silencio ante um “perigo para as persoas” e que está “enlamando o prestixio desta cidade e desta provincia”. Así llo dixo ao numeroso público, instándoos a poñer fin ao “disparate do desgoberno municipal”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del CHUO atiende 300 enfermos de cáncer al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último