MATERIALES PESADOS
Archivada una de las causas contra la mina de Penouta
Desde principios de ano, a agrupación formada polos concellos de Manzaneda, Chandrexa de Queixa e San Xoán de Río contan cun servizo de orientación laboral coa finalidade de dar resposta a aquelas persoas que desexen mellorar as súas posibilidades de inserción laboral.
Ángela García Civeira é a orientadora que está ao cargo. “Este servizo é de ámbito supramunicipal, algo buscado para que toda a xente da zona teña a opción desa orientación”, explica a orientadora que ve neste servizo uha ferramenta moi importante de axuda para os usuarios. “Para min é un traballo moi motivacional, xa que moitos dos que recibo non coñecen o servizo do portal de emprego da Xunta, ou mesmo precisan axuda para elaborar un curriculum que sexa a súa carta de presentación”.
Este servizo de orientación laboral ofértase grazas a unha subvención da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade que cubre o cen por cen dos custes salariais do persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral, sendo un servizo gratuito que “poden solicitar todas as personas dos concellos da agrupación inscritas como demandantes de emprego, aínda que tamen o poden pedir persoas pertencentes a calquera outro municipio, sempre con cita previa” sinala a orientadora.
García atende a unha media de catro usuarios diarios, entre os axendados pola Xunta e os que de xeito particular demandan o seu servizo, ensinándolle ademáis os recursos locais, xa que “a maioría dos desempregados que atendo noto que son xente que quere vivir aquí, cada un trae unha problemática específica e intento ensinarlle por onde poden tirar coa súa casuística personal, mellorando a empregabilidade”.
O perfil do usuario é moi variado, e Ángela García ensínalle técnicas de emprego activo que lle axude na búsqueda. “A maioría é xente máis maior que só coñece o boca a boca para buscar emprego e hoxe iso non chega. Explícolles como obter o certificado de profesionalidade e a súa importancia”, explica.
A atención presencial lévase a cabo no concello de Manzaneda, de 08,30 horas a 14,00 horas, de luns a venres.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MATERIALES PESADOS
Archivada una de las causas contra la mina de Penouta
MEJORA HISTÓRICA EN TRIVES
Comienza la limpieza del puente sobre el Bibei
FLORES PARA HONRAR
Galería | Trives recuerda a sus difuntos en el Día de Todos los Santos
TÉCNICA JAPONESA
Aula viva de cultivo de setas en Trives