Entroido

Galería | As rúas de Ourense foron unha festa no Luns de Entroido

As rúas da cidade de Ourense volveron ser unha festa durante o Luns de Entroido. Houbo animación nas rúas desde o mediodía e ata as tres de madrugada, na que máis dunha decena de charangas amenizaron a troula na rúa. Grupos de amigos, familias enteiras, xente de incógnito. As rúas da urbe viviron sen dúbida o seu día máis multitudinario do Entroido, favorecidas polo tempo, que respectou a festa e permitiu ter unha noite moi apracible sen frío.

Pola tarde, decenas de nenos ateigaron a Praza Maior na festa infantil de María Fumaça, que incluía un taller de maquillaxe. Os nenos pasárono en grande cos cabezudos. Xa máis tarde, un concerto de “Los coleguitas” empezou a congregar a un público de maior idade, ao igual que o “Trío Somoza”, que actuou despois. Este ano apostouse por potenciar o “tardeo”, e sen dúbida os ourensáns responderon. 

As rúas estiveron cheas durante todo a tarde e especialmente pola noite. Os djs en Santa Eufemia e o Correxedor soaron ata as tres da madrugada, ao igual que na Praza Maior. E para os máis verbeneiros, actuou ao Olympus ao mesmo tempo na rúa do Progreso. 

A festa non para aí, porque este Martes de Entroido volverá haber charangas durante toda a xornada polas rúas do Casco Vello e unha orquestra, a Funçao Publika, xa pola tarde. De novo será un día de “tardeo” para os que aínda teñan folgos logo de catro trepidantes xornadas. Haberá, ademais, reparto de orellas de Entroido, calcúlase que se darán 14.000, ás persoas que entroideen polas rúas da zona histórica. 

Fotos: Miguel Ángel.

ma_20240212_13894
1 / 14
ma_20240212_13895
2 / 14
ma_20240212_13896
3 / 14
ma_20240212_13897
4 / 14
ma_20240212_13899
5 / 14
ma_20240212_13900
6 / 14
ma_20240212_13901
7 / 14
ma_20240212_13902
8 / 14
ma_20240212_13903
9 / 14
ma_20240212_13904
10 / 14
ma_20240212_13887
11 / 14
ma_20240212_13890
12 / 14
ma_20240212_13891
13 / 14
ma_20240212_13892
14 / 14