Xornal Escolar

Historia, ciencia e celebracións

A historia, a ciencia e as celebracións internacionais enchen as aulas nas últimas semanas do trimestre. A segunda parte do curso vai aproximándose á súa fin mentres os escolares ourensáns continúan con amplo programa de proxectos que complementan a súa formación académica.

xornalescolar_2303_redes (1)
1 / 7

Salesianos. Celebrando o día de San Patricio nas clases de Inglés aprendendo sobre esta tradición irlandesa con actividades moi divertidas e didácticas e dando gracias por tódalas cousas boas.

xornalescolar_2303_redes (2)
2 / 7

María Inmaculada. O franciscano galego Santiago Agrelo, arzobispo de Tánger con Benedicto XVI, párroco na diocese de Astorga e profesor no Instituto Teolóxico de Compostela, faloulles ós alumnos sobre o problema da migración.

xornalescolar_2303_redes (3)
3 / 7

Pablo VI. Para celebrar o Día da Poesía fixeron unha colada moi especial plasmando poemas sobre prendas de vestir que decoran o patio e aproveitaron para pedir a paz nestes tempos.

xornalescolar_2303_redes (4)
4 / 7

Miraflores. Na seción de “Matlab”, centradas nas matemáticas divertidas, aproveitaron para traballar conceptos como o peso ou a capacidade comparando as cantidades de auga das botellas.

xornalescolar_2303_redes (5)
5 / 7

Otero Pedrayo. O patio do colexio do Barco de Valdeorras continúa avanzando na creación de espazos de xogos. Nesta ocasión, cun divertido panel para construír percorridos de bolas que xa se converteu nun imprescindible da hora do recreo.

xornalescolar_2303_redes (6)
6 / 7

Manuel Sueiro. O alumnado participou na actividade “O segredo dos Franciscanos”, organizada dende o Arquivo Histórico Provincial para achegar ós escolares ó conxunto monástico de San Francisco.

xornalescolar_2303_redes (7)
7 / 7

Carlos Casares. Dentro do seu proxecto de Camiño en Igualdade, os pequenos de Xinzo de Limia recibiron a visita da escritora Sara Escudero, autora do libro “El Camino de Santiago”, que lles falou sobre a peregrinación a Compostela.