ENTREVISTA

“Carlos Casares era dos mellores dentro do mundo dos artigos de prensa"

XINZO DE LIMIA (AUDITORIO CARLOS CASARES). 22/12/2017. OURENSE. Acto de clausura de las actividades ligadas al Día das Letras Galegas que este año 2017 fue dedicado al escritor ourensano Carlos Casares y donde se entrega u premio especial al escritor y colaborador del periódico La Región, Alfonso Monxardín. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera Alfonso Vázquez-Monxardín.

Charla co mestre e historiador Alfonso V. Monxardín

Qué significa para vostede recibir este premio?

Unha sorpresa por partida doble, primeiro porque non sabía que existía, e segundo polo feito de que mo deran a min. É tamén un soño recibir un premio que leva o nome de Carlos Casares, xa que considero que é o xornalista literario máis grande da segunda metade do século XX en Galicia.

Cómo valora que se promovan este tipo de premios?

Penso que é moi positivo que se convoquen premios na memoria dos escritores . No caso do premio de Carlos Casares, considero que é, ademais, moi adecuado. Foi un xornalista contemporáneo e é importante e interesante esta perpetuación da súa memoria. E, por outra banda, é importante o feito de que sexa un premio de xornalismo literario xa que neste país, prácticamente todos os escritores son tamén colaboradores en xornais. Teño a impresión de que estes escritores son máis coñecidos polo que escriben nos periódicos, que polas súas obras literarias. 

Qué destacaría de Carlos Casares dentro da súa faceta como escritor?

A mín fascinábame a súa forma de escribir, moi traballada pero que parecía tan sinxela. Tiña, ademais dun galego fácil e accesible, un fluxo de amabilidade que procuraba empatizar co lector. Él era dos mellores dentro do mundo dos artigos de prensa. 

Qué recomendación lle faría aos novos xornalistas?

Que se poñan no papel do lector ao que se dirixen e que escriban con claridade, que non lles compliquen a vida pois xa é bastante complicada de seu. 

Te puede interesar