REFORMAS

Porqueira estreará novas beirarrúas e senda peonil

img-20170201-wa0005_result
photo_camera Imaxe da nova beirarrúa situada na estrada que vai de Xinzo a Bande, no pobo de A Forxa.

Os novos pavimentos, un dos cales xa está finalizado, son os que están situados en A Forxa, na estrada que vai de Xinzo de Limia a Bande

Porqueira estreará dúas novas beirarrúas no pobo de A Forxa e unha senda peonil en Faramontaos. As obras corresponden a un proxecto levado a cabo pola Consellería de Infraestructuras e para as que se aprobou unha dotación económica de 60.492,86 euros. Os traballos están xa moi avanzados, de feito, agárdase que nas vindeiras semanas queden completamente rematados. 

Os novos pavimentos, un dos cales xa está finalizado, son os que están situados en A Forxa, na estrada que vai de Xinzo de Limia a Bande. A reforma das beirarrúas, foi calificada como "necesaria" por fontes municipais, xa que "tiña moitas plaquetas rotas". Por outra banda, os desniveis existentes nos antigos pavimentos impedían o correcto paso de persoas de mobilidade reducida.

Polo que atinxe á senda peonil da localidade de Faramontaos, as obras tamén se atopan rematadas. Trátase do tramo que vai dende A Pedrosa a Faramontaos. Parte deste percorrido non tiña beirarrúa, polo que se acometeu a construcción desta nova senda.
 

Te puede interesar