O PSOE impulsa un grupo de seguimento sobre As Conchas

Seara, Gil, Dorado y Bayo.
Os socialistas de Galicia puxeron en marcha onte un grupo de seguimento do encoro das Conchas, que se encontra contaminado. A coordinación do mesmo foi posta en marcha pola secretaria de Medio Ambiente da Executiva Nacional, Susana Bayo; a diputada e membro da comisión de Medio Ambiente do Congreso, Laura Seara, e a secretaria comarcal do PSdeG da Baixa Limia, Alva Dorado.
Laura Seara ven de preguntar ao Goberno do Estado pola situación na que se encontra o encoro das Conchas e se hai riscos para as persoas e o medio ambiente.

Dende o PSdeG mostran o seu apoio ós colectivos que xa solicitaron á Confederación Miño-Sil que se investigue a orixe da contaminación do encoro, ademais de solicitar ao Goberno que realice un estudo que determine a raíz do problema.

'Se a administración entende que hai un mínimo risco para o uso recreativo do encoro debe informar a poboación', admite a diputada. 'Estaremos vixiantes, con grupos de traballo na comarca, pero, ao mesmo tempo, entendemos que é o momento de abordar o problema deste encoro e do río Limia dende un punto de vista integral', afirma Seara. Deste xeito, os socialistas póñense a disposición das asociacións, investigadores e administracións para dar pasos ao frente en favor das Conchas.

Te puede interesar