A portavoz socialista sinala que os traballos realizados na infraestrutura son insuficientes
Os socialistas de Xinzo critican que o grupo de goberno do PP "converteu as piscinas exteriores da vila nun vertedoiro de compostaxe e de maleza". O pasado mes de febreiro o PSOE rexistrou unha moción para que este servizo municipal fose reformado e adaptado, obras que finalizaron recentemente e antes da apertura do espazo, o pasado sábado.
Sen embargo, a portavoz socialista sinala que os traballos realizados son insuficientes. "Atopámonos con inxentes restos de herba amoreados na entrada como se dun compostoiro se tratara", apuntou Lama. "Toda a maleza acumulada e non retirada polo Concello pode provocar risco de incendio ou ser un nicho de bichería".