ESPAZO SENSITIVO

Visita ao xardín sensorial que o CDR O Viso ten en Lodoselo

A viguesa Corina Alfonso, no xardín sensorial d’O Viso.
photo_camera A viguesa Corina Alfonso, no xardín sensorial d’O Viso.

O Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) “O Viso” creou hai máis de catro anos un xardín sensorial nunha das súas sedes na parroquia de Lodoselo, en Sarreaus

Este tipo de xardíns sensitivos son empregados con fines terapéuticos, xa que teñen a capacidade de estimular os cinco sentidos. Segundo diversos estudos, o seu uso pode axudar a persoas con problemas de saúde ou con diversidades funcionais.

O pasado mércores, un equipo da ONCE visitou este espazo inclusivo do CDR co fin de avaliar a súa accesibilidade e sinalar posibles áreas de mellora para o mesmo.

Esta actividade estivo enmarcada no programa “Capacidade Inclusiva” financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social.

Te puede interesar