O novo párroco, José Emilio Casal Selas, tivo unha emotiva lembranza dos veciños e do seu antecesor, Manuel Fernández, falecido neste último ano.
As Pegas (Sandiás) acolleu este domingo unha misa en honra da Virxe Milagrosa que estivo amenizada por un grupo de gaiteiros que deron unha alborada pola localidade.
Ademais, o novo párroco, José Emilio Casal Selas, tivo unha emotiva lembranza dos veciños e do seu antecesor, Manuel Fernández, falecido neste último ano.
Tamén se encargou de precisar que a vindeira misa na parroquia será o domingo 21 de agosto na Capela do San Benito, ás 12, 30, en lugar de na igrexa parroquial de San Estevo, ao coincidir cunha celebración de bodas de ouro.