Por outra banda, vaise a abordar a ampliación do almacén do Concello, situado ao carón do consistorio e onde se garda na actualidade toda a maquinaria municipal
Nos vindeiros meses, o Concello de Sandiás vai a acometer varias obras de mellora das instalacións municipais. Xa está aprobada e adxudicada a obra de colocación dun ascensor no interior da casa consistorial. Trátase dunha adaptación á Lei de Accesibilidade xa que, segundo explicou o alcalde, Felipe Traveso, “hai moita xente maior no concello á que lle costa moito subir as escaleiras, polo que consideramos que a colocación dun elevador é unha necesidade importante”.
Por outra banda, vaise a abordar a ampliación do almacén do Concello, situado ao carón do consistorio e onde se garda na actualidade toda a maquinaria municipal. Para as dúas obras hai un orzamento total de 52.500 euros e a súa financiación está enmarcada dentro dos Plans Proviciais da Deputación.
As do Concello non son as únicas obras que se van a acometer próximamente en Sandiás. O Obispado ven de autorizar a cesión dun terreo, localizado ao redor do Velatorio de Couso, onde se construirá un aparcadoiro. Así mesmo, de cara ao verán faranse varias obras de acondicionamento no colexio público.