O sector da pataca busca contratos homologados e un prezo digno

Xosé Manuel Parente, Alberto Duque y Ricardo Losada.
A localidade ourensá de Xinzo de Limia albergou onte o 'Seminario Estatal sobre o sector da Pataca' onde os participantes chegados de Galicia, Castela e León ou Euskadi concluíron que 'os productores do Estado, sexan de onde sexan, teñen uns problemas semellantes'. O encontro, organizado pola Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras e o Sindicato Labrego Galego, puso en evidencia que as necesidades siguen sendo a creación de contratos homologados que fixen un prezo xusto para a pataca que, cando menos, cubra os custes de produción e deixe unha marxe de beneficios digna nas explotacións.
Neste senso, a responsábel do sector da pataca do SLG, Manola Cerredelo, denunciou que as explotacións pataqueiras galegas, nomeadamente as da Limia, están nunha situación límite, pois 'se este ano repetimos uns valores coma os do 2009, con prezos en orixe entre 4 e 8 céntimos por quilo, teremos que pechar'. Prezos ruinosos se os contrastamos cos custes de produción que ascenden a 12-15 céntimos por quilo de pataca producida (sen incluír o traballo dos produtores).

O seminario tamén serviu para identificar algunha das principais debilidades do sector como a inexistencia a nivel europeo dunha Organización Común de Mercado e, polo tanto, carencia de axudas especificas; a ausencia dunha interprofesinal na que estean representados todos os axentes; ou a segmentación dos productores, debido a que existen poucas iniciativas de asociacionismo que reforcen a súa posición.

Te puede interesar