A LIMIA

Xinzo, sede do encontro da Cruz Vermella en setembro

20180716181053336_result
photo_camera O alcalde, Manuel Casas, recibiu a Felipe Ferreiro e a Guillermo Gil no seu despacho no Concello.

Na xuntanza tamén se abordaron distintos aspectos vencellados á recente creación do comité comarcal, motivo polo cal, a Cruz Vermella mudou a decisión de facer o encontro en Vilariño de Conso e A Gudiña, a prol da capital da Limia

O rexedor de Xinzo, Manuel López Casas, mantivo unha xuntanza co presidente da Cruz Vermella provincial, Felipe Ferreiro, e co responsable comarcal da entidade, Guillermo Gil, elexido nas últimas semanas. O obxectivo da reunión foi, principalmente, preparar o encontro do voluntariado que se celebrará no vindeiro mes de setembro na vila, nunha data aínda por confirmar e no que participarán ao redor de 150 persoas. 

Na xuntanza tamén se abordaron distintos aspectos vencellados á recente creación do comité comarcal, motivo polo cal, a Cruz Vermella mudou a decisión de facer o encontro en Vilariño de Conso e A Gudiña, a prol da capital da Limia. 

O evento principal, para o que o rexedor de Xinzo ofreceu toda a colaboración posible, terá lugar no Auditorio Ángel Cocho da Casa da Cultura e, entre outras actividades, haberá unha visita ao interior do Museo Galego do Entroido. 

O presidente da Cruz Vermella asinou o libro de honra do Consistorio limiao, logo da invitación do alcalde.

Te puede interesar