FESTA DO BOI

Allariz lembra a Xan de Arzúa e os bois fanse donos das rúas

Centos de personas participaron nas dúas carreiras da xornada, sen que se rexistraran incidentes

Unha xornada de calor, aínda que con momentos de bochorno, foi un bo reclamo para que centos de veciños de Allariz saíran as rúas vestidos con traxes de época, camisetas de peñas e panos roxos ó pescozo para participar la primeira xornada grande da Festa do Boi 2015, logo da inauguración celebrada o venres. Con eles, numerosos visitantes ateigaron a vila desde media mañá ata xa ben avanzada a tarde, logo da última carreira do boi da xornada.

Desde as 11,00 horas os pasarúas poñían ambiente na vila, animando á xente a achegarse á Praza Maior, onde ás 12,00 horas daba comezo a procesión de Xan de Arzúa, persoeiro lexendario do século XIV. A este fidalgo -representado onte polo profesor alaricano Rogelio Barbosa- se lle atribúe a orixe da Festa do Boi, ó intervir montado a lomos dun boi nun enfrentemento entre xudeos e cristiáns.

A procesión percorreu as rúas da vila, participando na mesma centos de persoas, que escenificaron en varios puntos fragmentos da historia da Festa. Pouco despois das 14,00 comezaba carreira medieval, cruzando o boi as principais rúas do casco vello alaricano con centos de persoas axexando o seu paso ou seguíndoo tralos homes do sedeño que conducen ó animal. Non se rexistrou incidente algún, aínda que sí algún susto, como na Praza do Concello, onde o boi, logo de entrar na zona, baixou as escaleiras que conducen á igrexa de Santiago, sorprendendo a varias persoas que trataban e esquivalo pegadas ó muro. Os homes do sedeño conseguiron devolver ó animal á praza sen contratempos.

Rematada a carreira, centos de persoas ataviadas con traxes de época, pertecentes as agrupacións que representaban a distintos gremios, nacidas arredor da tradición e da Festa do Boi, participaron nun xantar que se celebrou no campo Campo da Barreira, que se complementou con concurso de trovadores e de sobremesas. No primeiro, os gremios escenificaron pezas de música e baile, con letras alusivas á Festa, mentras que no segundo, a castaña era o producto escollido. Os gremios debían presentar un doce caseiro, no que a castaña tiña que ser un dos ingredientes principais.

Ás 20,30 horas tiña lugar a segunda carreira do día, amén con moita xente, tanto participando na mesma como de espectadores, sen que se rexistrara incidente algún, segundo sinalou o tenente alcalde Bernardo Varela.

Hoxe luns haberá dúas carreiras, a matinal, ás 08,00 horas, e a da tarde, ás 21,00 horas, mentres que ás 19,00 horas terá lugar unha carreira infantil.

Te puede interesar