Espadañedo estreou un novo parque para nenos

20220203DXALVisitaXunqueiraEspadanedo5
photo_camera Natalia Prieto e Carlos Gómez visitaron as instalacións.
Dotouse do equipamento necesario: xogos infantís adaptados á pendente do entorno e un pavimento elástico de caucho reciclado para garantir o seu uso nunhas condicións de seguridade axeitadas. 

O Concello de Xunqueira de Espadañedo verá solventado o seu problema de escasez de infraestruturas pensadas para os máis cativos co acondicionamento dun novo parque no municipio. A Consellería de Vicepresidencia investiu, mediante a da Orde de Infraestruturas de uso público, un total de 34.000 euros para dita finalidade e, este mesmo mércores, a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitaba a instalación acompañada do rexedor local de Espadañedo, Carlos Gómez Blanco. 

No seu paso polo concello, Prieto subliñou que dita actuación tiña sido “moi demandada” pola poboación moza e, por este mesmo motivo, acondicionouse un parque ao que se dotou do equipamento necesario: xogos infantís adaptados á pendente do entorno e un pavimento elástico de caucho reciclado para garantir o seu uso nunhas condicións de seguridade axeitadas. 

Dende a Xunta de Galicia subliñaron que o Concello de Xunqueira de Espadañedo recibiu, nos últimos anos, máis de 411.000 euros das diferentes liñas de axudas da Vicepresidencia Primeira. Neste senso, a directora xeral de Administración Local destacou a importancia da colaboración entre a Administración autonómica e a local

Te puede interesar