OCIO

O Mercado de Inverno tomará o pulso ao comercio de Allariz

O sector quere despexar incertidumes logo duns meses de decembro e xaneiro decepcionantes

O comercio de Allariz, en colaboración co Concello, está a preparar unha nova edición do Mercado de Inverno. Esta iniciativa pretende dar saída aos productos que aínda quedan nos establecemento a prezos muy atractivos, para prepararse de cara á nova temporada. Os comerciantes afrontan esta nova proposta coa expectación de relanzar un sector que parece estar a atravesar momentos de incertidume.

Segundo sinalaba Olga Ferreiro, xerente da Asociación de Comercio e Hostalaría de Allariz, este momento de incertidume ven marcado polo feito de que o pasado mes de decembro "non foi o doutros anos" e o pasado mes de xaneiro "foi un batacazo". No balance do pasado ano 2016 os comerciantes apreciaron unha recuperación das vendas con respecto ao ano 2015, pero a evolución de decembro e o pasado xaneiro desperta algunhas dúbidas.

Co fin de revertir esta situación, comerciantes e Concello puxeron en marcha a organización desta nova edición do Mercado de Inverno, que se celebrará o fin de semana dos días 18 e 19 de febreiro e o recinto feiral ubicarase no Pavillón do Instituto. A presentación do evento tivo lugar onte na Casa do Concello e no transcurso da mesma a concelleira de Promoción Económica, Cristina Cid, resaltaba a importancia do mesmo, sinalando a calidade dos productos que se van a poder mercar, unha oferta que estará protagonizada íntegramente por comerciantes locais que comercializan todo o ano os seus produtos en Allariz.

Olga Ferreiro, en representación da Asociación de Comercio e Hostalaría de Allariz, presentou o programa de actividades que se desenvolverán no pavillón do Instituto os devanditos 18 e 19 de febreiro, que estará aberto ao público en horario continuado desde as 11,00 ata as 20,00 horas. En total estarán presentes no recinto unha vintena de profesionais da vila.

Te puede interesar