ALLARIZ

A vila lembra cunha festa a revolta veciñal do ano 1989

photo_camera Os alaricanos encheron a praza do concello para festexar o aniversario (MARCOS ATRIO)

Centos de persoas participaron no encontro de confraternización organizado na praza do Concello

Allariz é vila de festa. Da empanada, do boi, San Bieito, Artesanía e, dende onte tamén, a da revolta veciñal do 89. Participantes directos e novos alaricanos, algúns que nin sequera naceran, reviviron onte os feitos sucedidos fai 25 anos cando o pobo tomou o Concello cen protesta contra a xestión municipal e trala aparición de peixes mortos no Arnoia como detonante. Tras tres meses de encerro no concello, manifestación e folgas, o alcalde de entonces dimitiu e o xoven nacionalista Anxo Quintana asumiu o cargo.

De estas e outras moitas cousas se falou onte na plaza do Concello, na festa de confraternización polo 25 aniversario da revolta. A festa comenzou cunha merenda-cea a base de empanadas, embutidos, queixos, bicas e licores para seguir ca festa de lembranza e de homenaxe "ao pobo en xeral, pero en especial aos que xa no están", lembraba emocionado o rexidor, Francisco García, que foi protagonista en primeira persoa na revolta e que onte tivo palabras agarimosas para os seus conveciños.

Moncho Bouzas, outro dos protagonistas da revolta-encerro e membro da comisión organizadora do 25 aniversario, destacaba a importancia daqueles feitos "é un exemplo do que debe ser a política, mais agora que está tan desprestixiada. De como os cidadáns teñen que involucrarse nos asuntos do seu pobo".



Perseguindo unha utopía

Entre bocado e bocado, houbo turno para intervencións de veciños que estiveron alí, como Quintana ou García, de pais de nenos nados no 2014 e de mozos do 89. Algúns deses xóvenes foron os protagonistas dun dos videos que se proxectaron. "É un video-carallada onde, coa música de Skárnio, percorremos o tramo dende o río ata a praza do Concello", relataba Lois Fernández Sousa, director do audiovisual. A iniciativa "foi unha maneira de implicar á xente nova nos actos e divulgar aqueles feitos históricos", resumíu o mozo alaricano.

Na festa, Anxo Quintana, Manolo Cordeiro, un dos participantes na revolta, e Francisco García sopraron as velas dunha simbólica tarta do 25 cumpleanos. E a partir de hoxe, todos aqueles que pasen pola plaza atoparanse unha placa na fachada do consistorio, na que se lembra ao pobo de Allariz que, no verán do 89 "perseguindo a utopía, cambiou o curso do seu destino", reza a placa.

Te puede interesar