Volve a artesanía ás rúas de Allariz co Arte de man

photo_camera Xornada de feira artesá en Allariz. (Vídeo: Xesús Fariñas).
Os postos ocuparon un novo emprazamento, na rúa Santo Estevo

Allariz volveu acoller este domingo unha nova edición do evento Arte de man, a feira de artesanía que encheu de cor e vida as rúas da vila alaricana. Desta vez, como novidade, os postos dispuxéronse ocupando un novo emprazamento no casco histórico da vila, na rúa Santo Estevo. Un cambio motivado pola situación derivada do coronavirus.

En total foron 20 artesáns os que amosaron os seus produtos durante toda a xornada dominical, na que se coidou ata o máis mínimo detalle. Durante o tempo que durou o Arte da man -de 11,00 a 20,00 horas- os veciños e turistas que percorreron a rúa estiveron amenizados por música en directo. 

Ademais da venda de obxectos de cerámica, pintura, debuxo e gravado, escultura, xoiería e bixutería, téxtil, coiro e madeira, entre outros, o Arte de man contou cunha demostración das Redeiras da Atalaia da Guarda, que ensinaron como se pode crear artesanía a partir das redes que empregan para a pesca.

Te puede interesar