O Xeodestino Allariz - Maceda oferta formación para empresas do eido turístico

As tres xornadas terán unha orientación práctica para facilitar a aplicación dos coñecementos adquiridos no día a día de cada negocio.

O Xeodestino área de Allariz, Maceda e Alto Arnoia ofrece unha formación de tipo “online” dirixida a empresas do eido turístico para potenciar as súas capacidades. Dita proposta desenvolverase ao longo do presente mes de febreiro e constará de tres talleres distintos que serán gratuítos para os participantes. 

O primeiro deles consistiu na presentación, este mesmo luns, do Xeodestino e os seus beneficios. O seguinte encontro virtual terá lugar o día 14 deste mesmo mes e versará sobre a posta a punto das redes sociais e o valor diferencial das mesmas. Por último, o 21 de febreiro será a quenda para profundizar en Youtube, Instagram e Facebook. 

As tres xornadas terán unha orientación práctica para facilitar a aplicación dos coñecementos adquiridos no día a día de cada negocio.

Dende a dirección do proxecto subliñan que está aberto a toda a contorna onde as respectivas oficinas de turismo, establecementos hostaleiros e empresas do sector poden enviar as súas propostas, actividades de interese ou a súa predisposición a colaborar.

As persoas interesadas en participar nos talleres restantes poden en inscribirse en https://deallarizamaceda.gal/formacions/.

Te puede interesar