O Xurés estrea un catálogo sobre a flora do parque natural

O autor, Iñigo Pulgar -en el centro-, cos representantes das institucións.
photo_camera O autor, Iñigo Pulgar -en el centro-, cos representantes das institucións.

O Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés conta cunha nova publicación que pon en valor a flora vascular deste espazo natural protegido, obra do profesor universitario Iñigo Pulgar. A sede do parque en Lobios acolleu a presentación do novo libro, a cal asistiu a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, quen salientou o carácter mixto da flora desta contorna, na que están rexistradas 807 especies vasculares, das que 171 son endémicas da Península Ibérica e, desas, 71 teñen unha área restrinxida.

A obra supón un importante instrumento para biólogos, botánicos ou persoas interesadas por esta materia, servindo como fonte de información para materiais didácticos experimentais e teóricos e tamén porque contribuirá a concienciar á poboación local da riqueza ambiental que atesoura este espazo protexido.

O traballo inclúe tamén a catalogación e localización tanto das especies exóticas invasoras, de cara a facilitar, na medida do posible, a súa eliminación, como das especies ameazadas. En canto a estas últimas, Do Campo subliñou que nalgúns casos se achegan datos cuantitativos das poboacións existentes, información fundamental para diagnosticar a súa evolución.

Te puede interesar