O GAIÁS DO CARBALLIÑO

Se cadra moitos non ó saben, pero no Carballiño hai un edificio que se asemella moito o 'mítico' Gaiás de Santiago.
Está situado alí moi pretiño da fonte do Cornuval, fonte por certo moi concurrida, pois ben se erguen un chisco a vista do pilón, xusto o outro lado da estrada de Pontevedra, xa na variante do Irixo, hai una edificación de dimensións importantes, que se atopa pechada, triste, desasistida, desaseada, incomprendida, baleira, inútil, perdida, pobre... e disque era para ser unha residencia da terceira idade pública, feita cos cartos de todos, e onde ían estar acollidos cento e pico anciáns e dependentes da nosa comarca. E así leva tres anos, esperando polo mobiliario e polo persoal. ¡Tres anos!

E así, namentras o edificio esmorece e serve de vivenda de ratos e arañas, ducias de anciáns, ou ben están abocados a malvivir na súa casiña, moitas veces en condicións lamentables e sei de que falo, (encamados e nalgún caso cunha auxiliar unha hora ó día), ou senón irse a unha residencia privada pagando máis de mil cincocentos euros ó mes, cunha pensión de seiscentos, mentras duren os aforriños. Outra posibildade para privilexiados é que che dean praza na residencia de Trives ou de Viana do Bolo, a 200 kilómetros da familia e do entorno.

Namentras, as cabezas dirixentes que non pensantes da comarca, a señora conselleira e o señor Feijóo esbardallan o que queren e a bó seguro teñen os seus avós ben atendidiños, e os demáis que esperen sentados, ou peor aínda, encamados, a que veñan tempos mellores, ou tempo de eleccions.

A apertura da residencia daríalle calidade de vida ós nosos maiores, postos de traballo a moitos que o precisan e tamén sentido ós cartos que se gastaron en construir o edificio, para agora deixalo esmorecer. Disque non hai cartos para o mobiliario, pois lembren o 'custe o que custe ' en Muxía, para arranxar a vivenda da Virxe da Barca. Coido que a casa de Muxía xa hai quen a arranxe, señor Feijóo teña a ben arranxarlle a casiña a esas cen persoas, porque é de xustiza e deixése de

frases para a galería. Señores políticos da comarca, esixan que esto se cumpra, e logo visiten á Virxe da Barca e avalense na pedra, se non hai temporal.

Te puede interesar
Más en Cartas al director