a lembranza dun mestre: luis taboada camoeiras

Seis meses e medio. Unha data, 19 de agosto do ano 2010. Un nome, Luis Taboada Camoeiras. Moitos foron os escritos publicados que falaban deste home. Un home atento, agarimoso, moi intelixente e honrado, e sobre todo orgulloso. Orgulloso do seu, da lingua, da terra. Orgulloso dos seus, dos amigos e da familia. Eu tiven a grandísima sorte de coñecer a este home. Seis meses e medio é o tempo que fai que nos deixou. O tempo que Galicia, que os seus, o botamos de menos.
Hoxe quero facer unha lembranza dun mestre, dun que, coma dixo un amigo da familia, ensinou ata despois da súa partida, xa que unha que se confesa culpable non falara galego con el máis que na súa despedida. Hoxe quero que se lle siga lembrando, non con homenaxes, que sempre serán benvidas, nin con himnos, que sempre serán queridos, se non co corazón e cun sorriso.

Tamén quero dárlle-las gracias a aqueles que sentiron a súa derradeira viaxe, gracias, de todo corazón, ós que estiveron ahí apoiando á familia, ós seus. 'Que din os rumorosos na costa verdescente'. Versos que quedarán na miña alma cantados coa túa voz, avó.

Te puede interesar
Más en Cartas al director