UNHA QUERELLA COMA UN BRINDIS AO SOL

Lembro unha frase que me dirixira en certa ocasión un afamado letrado dista Cibdade das Burgas, nun pasillo dos xulgados ourensáns: 'Seica lle queres meter unha caralla ao meu cliente'. E dixo ben, xa que moitas querelas presentadas acaban en caralladas. ¿A qué ben todo isto? Pois que veño de ler o auto ditado polo xuiz do Xulgado Central de Instrucción número 4 da Audiencia Nacional, Fernando Andreu Mirelles. No debandito auto disponse a instrucción da querela amosada polo partido político Unión, Progreso e Democaracia versus a cúpula diretiva da Bankia e do Banco de Financiamiento y Ahorro (BFA).
A denuncia basease nas presuntas comisións dos delitos de estafa, da apropiación indebida, da falsificación das contas anuais en conexión cos delitos societarios e, finalmente, dun delito da administración fraudulenta ou desleal. Todos eles definidos coma infraccións previstas no noso Código Penal. Os antecedentes de feito son auténticas lousas a descargar sobre os lombos dos imputados. Ollo ao desenrolo da causa aos perxudicados polas preferentes. Imputados, é eiquí a orixe das miñas dúbidas de que as dilixencias previas 59/2012 aboquen nun xuizo oral. E chegado o caso da apertura do devandito, resolvase cunha sentenza desestimatoria. Ou sexa, ao final, dunha querela ficar nunha carallada.

Te puede interesar
Más en Cartas al director