unha de rescates e lazadas

Os amigos pouco interesados europeos acaban de botarme unha lazada para facilitarme un rescate. O rescate. E o comprometido e solidario Goberno patrio que tanto se desvela por min e por ti, di tamén que é para salvarme das miserias que, agora si, comezaban a coller carreira. Aínda case non tensaron a lazada, pero eu xa non consigo entender o que me ocorre.
Noto que cada vez me é máis difícil respirar e a lingua xa a teño case totalmente fóra do lugar de onde habitualmente se acurruncha. Todo isto é moi raro, porque o certo é que non me atopo nada cómodo nesta posición que agora queren que manteña, cando ademais os pés non me chegan nin ao chan. Debe de ser cousa miña, que non entendo. Nin sei.

Te puede interesar
Más en Cartas al director