A VOSTEDE, PREZADO CANDIDATO

Nunca cala.
Nunca. Non sabe como facelo. Pois sempre ten algo que ofrecer. Ofrecernos. Aínda así, todas as súas frases rematan igual. Evitan. Esquivan. Unha e outra vez. O seu é un falar ausente. Rentable á súa condición de candidato. Ao seu xogo de disfraces. No que desfila co debuxo dun forzado sorriso na faciana. No que sabe abrirse paso a golpes certeiros. Sabe tamén que a distancia en cada golpe está da súa parte. Despois viraranos as costas. Levándose con vostede un bo anaco do pastel. E será aínda capaz de ignorarnos. Todo irá a peor. Pero vostede xa non estará. Virá outro. Coma vostede. Igual. Seremos entón o bater da súa insolencia. A súa incomodidade. E a do seguinte. Romperemos as ventás, todas as ventás, coa coraxe suficiente para que o alento atope sosego. Alivio. Acougo. Aí faremos caer o pano do seu desfile. Prenderemos lume á neve e fundiremos o xeo. Sentaranos ben pelexar.

Te puede interesar
Más en Cartas al director