Actividades para nenos e adultos este outono na Broa, A Merca

A asociación A Broa Sendeirismo retoma a programación anual e, coa chegada do outono, organiza novas actividades para socios e veciños en xeral. A primeira terá lugar o sábado 22 de outubro ás 18,00 horas na antiga escola de Entrambosríos, coa proxección do documental “Barbecho en el corazón del despoblamiento” da Unión de Pequenos Agricultores (UPA). Ao remate haberá un debate sobre o despoboamento do rural na zona, analizando as oportunidades que ofrece o territorio.

O 29 de outubro as actividades trasladaranse a Oxén de Arriba cun obradoiro de ilustración nun entorno natural impartido pola artista e ilustradora Ivette Bordera. Os cativos entre 5 e 15 anos terán a oportunidade, entre as 16,00 e as 19,00 horas, de aprender a ilustrar unha lenda tradicional empregando acuarela e lapis de cores no entorno da Fonte dos Ollos ou no Miradoiro da Malladoira. Esta actividade conta con prazas limitadas e preferencia para os socios de A Broa Sendeirismo, sendo 8 euros o custe por participar (4 euros para os socios xuvenís).

Te puede interesar