A Biblioteca dinamizará a lectura con contacontos

Arrancará as 18,00 horas e está dirixido a cativos de entre tres e doce anos

A Biblioteca Municipal de Celanova acollerá este venres, 31 de marzo, unha actividade dentro do programa "Ler conta moito" promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O obxectivo deste proxecto da Xunta de Galicia é o de dinamizar a lectura nas bibliotecas públicas polo que, a partir de este mes de marzo e ata o vindeiro mes de outubro, 209 bibliotecas municipais de 109 concellos de Galicia acollerán actividades para promover a incursión dos mais pequenos no mundo dos libros. Así mesmo, ao longo deste ano haberá obradoiros de poesía, de ciencia ou de arte, narracións musicadas, conversas con autores e autoras, ou encontros con ilustradores. Mediante estes formatos a Xunta pretende contribuír á promoción da lectura como un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento personal. 

A actividade en Celanova arrancará ás 18.00 horas e será un "contacontos" dirixido a cativos de entre tres e doce anos. 

Te puede interesar