CARTELLE

Carmen Leyte deixa a alcaldía de Cartelle logo de sete mandatos

"Xa asinei a renuncia", di a rexedora popular

A rexedora de Cartelle, Carmen Leyte, formalizará o próximo luns a súa dimisión durante a celebración dunha sesión plenaria na que cederá o mando do municipio ó ata agora tenente alcalde Jaime Sousa, se ben "xa asinei a renuncia". Leyte, que continuará na corporación como concelleira do PP, tomou a decisión de dar este paso debido ó aumento das súas responsabilidades no Senado, onde ocupa un escaño dende 2008.

"Dende que son senadora comecei a ter que estar en Madrid con frecuencia", asegura, se ben esta circunstancia se viu acrecentada este ano. "Agora temos moitas máis comisións sobre temas europeos e coincide con que me nomearon portavoz adxunta de grupo; isto conleva unha sobrecarga non só no meu traballo senón tamén no de Jaime Sousa", explica Carmen Leyte. "Os veciños de Cartelle teñen que estar ben atendidos e, por iso, considero que debo dar este paso". A decisión de manterse na corporación non só radica no apoio que quere prestarlle ó novo rexedor senón tamén como sinal do "meu compromiso electoral de servir ós veciños".

Carmen Leyte accedeu á alcaldía no ano 1991. Daquela puido gobernar con maioría simple. Foi o primeiro dos sete mandatos consecutivos que conseguiu, os seis restantes con maioría absoluta. Nas últimas eleccións de 2015, a candidatura presidida por volveu a gañar, conseguindo o PP sete edís, por dous do BNG e 1 do PSOE.

Te puede interesar