CELANOVA

O concurso de pinchos da máis premios ao público

pinchos_result
photo_camera Cartel anunciador del tercer concurso de pinchos de Celanova.

O concurso celebrarase en establecementos de Celanova, Vilanova e, como novidade, tamén de Ramirás.

A terceira edición do concurso "Pinchos da miña terra" incrementará o número de premios outorgados ó público de un a tres para aqueles que voten polo seu favorito. Deste xeito, haberá dúas estancias en casas rurais e un lote de descontos nos comercios de Celanova, algo co que se trata de "implicar" ós establecementos máis alá da hostelería, segundo explica Bernardo Carreiro, membro da organización. A iniciativa, que naceu ó abeiro do obradoiro de traballo "Segue o camiño", conta con 19 locais participantes que, nesta ocasión, elaboraron "propostas máis frescas con productos de tempada".

O concurso celebrarase en establecementos de Celanova, Vilanova e, como novidade, tamén de Ramirás. O obxectivo final do proxecto pasaría por unha implicación de toda a comarca ou ben "a elaboración de rutas puntuais, como pode ser a dos poetas ou dos locais que estean situados nalgunha estrada".

As expectativas da organización pretenden superar o éxito de anteriores convocatorias. Na primeira edición, celebrada no pasado Nadal, vendéronse 2.400 pinchos baixo selo -máis os que non foron contificados- e a cifra mantívose por riba dos 2.000 tapas oficiais tamén na segunda convocatoria. Para a organización, estas cifras son merecentes de consideración, posto que "nunha cidade como Vigo andan polos 4.000". Para Bernardo Carreiro, isto responde a que "en Celanova xa existía a cultura dos pinchos".

Te puede interesar