SUCESO

Falece unha muller tras caer dunha fiestra en Celanova

Polo momento, descoñécense as circunstancias que rodean este suceso

Falece unha muller tras caer dunha fiestra en Celanova

Unha muller faleceu este sábado despois de caer dunha fiestra na Rúa Rosalía de Castro en Celanova, aparentemente desde un segundo andar, en torno ás 17,00 horas desta tarde. Así o confirmaron ao 112 Galicia os servizos sanitarios de urxencia, que enviaron ao lugar un equipo a bordo de helicóptero medicalizado con base en Ourense. Polo momento descoñecense as causas do suceso.

Pese aos intentos, os profesionais médicos nada puideron facer por salvar a vida desta muller que caeu, segundo indicaron as testemuñas do suceso, dunha fiestra a un patio de luces. Eran arredor das cinco da tarde cando os veciños do inmoble se decataron da caída e chamaron aos servizos de emerxencia.