LITERATURA

A Fundación Curros recauda fondos para mercar un libro

O libro aborda a historia do Apóstol Santiago e foi localizado nunha páxina de coleccionistas na rede.

A Fundación Curros Enríquez instalará hoxe, a partir das 12,00 horas, una urna na Praza Maior de Celanova coa finalidade de recaudar fondos para adquirir un libro publicado en 1610 polo Celanovés Mauro Castellá Ferrer. O libro aborda a historia do Apóstol Santiago e foi localizado nunha páxina de coleccionistas na rede.

O custo desta singular publicación é de 900 euros e se se acada esa cifra, pasaría a formar parte da biblioteca de fondos locais da Fundación Currós Enríquez.

Unha vez instalada a urna, todas as personas que o desexen poderán deixar nela a súa aportación, ata conseguir os 900 euros que custa esta singular publicación. Segundo sinala a Fundación Curros, o libro a adquirir é un dos poucos exemplares que se conservan e un deles atópase no Arquivo da Catedral de Santiago.

Te puede interesar