POLÍTICA

O grupo do BNG reclama un concello máis accesible

Instan á mellora da accesibilidade e a supresión das barreiras arquitectónicas no Concello

O grupo do Bloque Nacionalista Galego presentará unha moción no vindeiro pleno instando á mellora da accesibilidade e a supresión das barreiras arquitectónicas no Concello de Celanova. En concreto, os nacionalistas amosan a súa preocupación polas trabas que atopan as persoas con mobilidade reducida á hora de acceder ás oficinas municipais ó "carecer de plataformas de acceso ou ascensor para chegar" a elas, segundo manifesta o portavoz do BNG, Leopoldo Rodríguez Puga.

Durante a súa intervención na sesión plenaria, lembrarán a necesidade de corrixir está situación "canto antes, promovendo políticas activas de accesibilidade", así como a de "contemplar criterios de accesibilidade universal tanto en vías como en edificios públicos en óptimas condicións de seguridade, accesibilidade, autonomía e confort", puntualiza Rodríguez Puga.

O alcalde de Celanova, José Luís Ferro, asegura que esta problemática "preocúpanos tanto como" ós concelleiros do BNG posto que nalgunha ocasión "os funcionarios teñen que baixar a atender ás persoas que non poden acceder" ó primeiro piso. Non obstante, "levamos solicitando unha axuda para instalar un ascensor porque cos fondos propios non podemos", explicou o rexedor.

Te puede interesar