A homenaxe da Real Academia Galega ensalzou a atemporalidade e vixencia do seu mensaxe

Intelectuais e políticos alaban a obra poética de Celso Emilio

Unha imaxe de Celso Emilio presidiu a sesión pública da Real Academia Galega no Auditorio de Celanova. (Foto: MARCOS ATRIO)
Unha placa no número 25 da rúa Curros Enríquez -a calle Arriba para os celanovenses- lembra dende onte a antiga casa familiar dos Ferreiro-Míguez en Celanova.
Foi con motivo do acto central do centenario do nacemento de Celso Emilio e que levou ata a vila de San Rosendo a intelectuais, escritores e políticos galegos incluído o presidente da Xunta, Alberto Núñez, con motivo da sesión extraordinaria e pública da Real Academia Galega. 'Tanto a familia como a fundación que presido, estamos sumamente ledos por ver este acto de aniversario polo noso gran poeta', subliñaba o seu fillo, Luis Ferreiro, que destacou do seu pai 'a súa voz rexia, contestataria e de protesta permanente contra todo aquelo que non lle gusta e a repercusión que esto ten despois de tantos anos'.

A vixencia do mensaxe de loita do autor de 'Longa noite de pedra' foi un dos comentarios máis repetidos da xornada. O propio rexidor celanovés, Antonio Mouriño, subliñou a importancia da celebración do centenario co obxecto de achegar á rúa a poesía do poeta 'como lle hubera gustado'. Núñez Feijóo dixo que o seu legado 'é a crónica insuperable da Galicia amarga e esperanzada'.

Feliz e emocionado polo acto académico e honorífico na honra do seu 'amigo querido, respetado e admirado', se amosou o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luis Méndez Ferrín. No transcurso da sesión extraordinaria, celebrada no Auditorio Ilduara, académicos e amigos de 'Celso' como Margarita Ledo, Darío Xohán Cabana, Francisco Fernández Rei e Salvador García-Bodaño encheron de recordos e anédcotas o auditorio con emotivas intervencións que permitiron achegarse un pouco máis a súa vida e obra, incluído un poema inédito que lle enviou a Cabanas con motivo da chegada do home a lúa.

Durante a xornada, non faltaron as lembranzas a Curros Enríquez, á capitalidade literaria que ostenta Celanova cunha dúcia de poetas de gran nivel e os inumerables actos e mostras de lembranza que, en pobos e cidades, persoeiros ilustres e anónimos están a facer na súa honra por vía oral, web ou musicados. Precisamente aos acordes da guitarra de Amancio Prada pechouse o acto no auditorio ao compás dos versos de María Soliña ou Monologo do vello traballador.

Te puede interesar